As conexións TCP son as máis empregadas polas aplicacións de Internet. Caseque tódalas aplicacións de Internet empregan TCP de forma nativa, ou poden empregalo se se desexa.
Desproxy permite establecer conexións TCP ó traveso de proxies HTTP.
Con desproxy podes empregar as aplicacións ás que estas afeito: o teu navigador preferido (MSIE, Mozilla...), o teu xestor de correo (Outlook Express, Pine, Mutt, Eudora), o teu lector de news (Netscape News...)... sen teres que preocuparte de se teñen ou non teñen soporte HTTP. ¡Simplemente configura desproxy e proba tí mesmo!
Desproxy creceu rápido; en menos de un ano pasou de só ser unha aplicación ata chegar a ser un completo conxunto de ferramentas:
- Desproxy: un túnel TCP para proxies HTTP. A aplicación orixinal.
- Desproxy-inetd: versión inetd de desproxy, moi útil para lanzar desproxy como daemon para sendmail, pop3...
- Desproxy-dns: un servidor dns (dns forwarder). Soporta peticións UDP é TCP, retransmitíndoas a un servidor dns pai ó traveso de un proxy HTTP.
- Desproxy-socksserver: un servidor SOCKS Versión 4 e 5.
- Socket2socket: pequena aplicación para conectar dous sockets (útil para retransmitir peticións a un proxy lonxano, por exemplo).
Desproxy foi diseñado para funcionar nos seguintes sistemas:
- GNU/Linux (probado baixo Debian, debería funcionar en calquera distribución
- *BSD (incluíndo Mac OS X)
- Sun Solaris (probado na versión 8)
- Microsoft Windows (95, 98, ME, NT, 2000 e XP) empregando unha biblioteca do proxecto cygwin
- en xeral, calquera outro sistema POSIX que teña un compilador C e a utilidade 'make'